Teléfono: 981 501 393 / 689 102 521
Síguenos:

Historia


O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Rosario, coñecido como “Atocha”, foi fundado por Don Baltasar Pardal Vidal en 1950 en Arzúa, na Provincia da Coruña (Galicia):

  • Primeiro, como expresión de gratitude a Deus polas vocacións que xurdiron para o seu Instituto Secular Feminino “Fillas da Natividade de María” da propia Arzúa e das súas parroquias lindeiras.
  • Segundo, por ser esta unha zona eminentemente rural e quería que os nenos do campo galego tivesen a posibilidade de recibir unha esmerada educación e formación catequética.
  • Por iso, como punto de partida para o ensino da Catequese, abriu unha clase de párvulos e outra nocturna, para xente adulta (ano 1950) . As clases impartíanse nunha vella casa dotada dunha fermosa horta, na Rúa do Carmen, en pleno Camiño de Santiago. Con moitas dificultades, pero cunha gran ilusión, foise facendo o que na actualidade é o “COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO”, comenzando a sua andadura oficial no ano 1957.

    Aos poucos, sen facer ruído, sen grandes manifestacións, pasan por este Colexio Arzuán de “ATOCHA”, moitos nenos e nenas, persoas que, grazas á educación recibida, chegaron a formar familias e fogares felices, preparados para facer fronte á vida que lles tocou ou toca vivir hoxe.

    O Colexio, na actualidade, conta coas seguintes etapas educativas:

    • Educación Infantil, desde os 3 aos 5 anos. A utilización das novas tecnoloxías axuda a que a súa aprendizaxe sexa cónsono coas novas esixencias innovadoras actuais. Ao mesmo tempo, xa desde os tres anos, teñen clase de inglés. O seu horario é de mañá.
    • Educación Primaria: Con seis aulas, dende Primeiro a sexto. Tamén en horario de mañá e tarde e a utilización das novas tecnoloxías e coas novas esixencias innovadoras actuais. En toda a Educación Primaria o Inglés é un idioma implementado na área de E.F. O seu horario é de maná.
    • Educación Secundaria: Desde 1º de E.S.O a 4º de E.S.O. Implantouse no Curso 1999-2000. Ten horario de mañá e a tarde do luns.

    Ademáis o Centro conta con aulas e espazos múltiples para poder desenvolver todas as actividades nun ambiente agradable que facilite o coñecemento mutuo do alumnado de tal forma que sintan que son membros dunha Gran Familia.